Trenor visita en Lousame o autobús dos Coidados Porta a Porta

29 Setembro 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, visitaron este 29 de setembro un dos autobuses da campaña Coidados Porta a Porta, que fixo escala no concello (unha das paradas da súa xirada polos concellos de Galicia, da que só quedan fóra as sete grandes cidades). Como lembraremos, o programa itinerante leva á poboación sénior dos concellos servizos especializados de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria. O obxectivo de Colidados Porta a Porta é chegar a máis de 100.000 galegos.

O delegado da Xunta lembrou que “oito autobuses están percorrendo a xeografía permanecendo entre tres e catro días en cada concello, de xeito que, en lugar de desprazarse o veciño ata o servizo, será o servizo quen se achegue” , ao tempo que precisou que desta campaña poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito totalmente gratuíto.

Logo de destacar que esta iniciativa conta cunha achega entre 2022 e 2023 de preto de 10 millóns de euros, Trenor quixo agradecer a colaboración de todos os concellos así como de AFALU, a entidade social que xestionará este servizo, xunto cunha compañía de unidades móbiles.

Trenor destacou que máis de 20.000 persoas pasaron xa polas unidades móbiles do programa Coidados porta a porta da Xunta de Galicia desde que no pasado mes de marzo comezaran o seu percorrido por todos os concellos galegos.

Por provincias, a da Coruña é a que rexistra ata o momento un maior número de beneficiarios desta iniciativa con máis de 5600 usuarios.

Trenor lembrou que para ser atendido en calquera dos autobuses de Coidados Porta a Porta cómpre solicitar cita previa nos números de teléfono 622 748 283 ou 623 546 992, ou ben a través do seguinte enderezo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

En apariencia, lo único que vemos de la ciudad es lo que la ciudad nos muestra. Lisboa es traslúcida, se da toda en su generosa actitud para quien se predispone a admirarla, para los que abren sus brazos con el fin de abarcar un pequeño pleno universo cosmopolita,...

“Saber lo que cobramos”. José Antonio Constenla

“Saber lo que cobramos”. José Antonio Constenla

El presidente de la CEOE, Antonio Garamendi, ha propuesta que losempresarios ingresen a cada trabajador la totalidad de su salario y quedespués sea el Estado el que se ajuste con ellos y les cobre loscorrespondientes tributos sobre su nómina. Así, estos, podrían...