Esta fin de semana, o venres 23 e o sábado 24 de setembro, ás 21.00 horas, a histórica agrupación local Airiños vai estrear no Auditorio Municipal rianxeiro a súa nova produción: República Sideral.
A obra é un texto da escritora e actriz rianxeira Esther F. Carrodeguas que foi gañadora do Premio Barriga Verde 2020 e está dirixida por Amantia Coello.
A entrada ten un custe de 3 € e atópanse á venda anticipada en Asados no salón de peiteados Pelos e no Estanco Xacobiño e en Rianxo no Bar Berberecho. Tamén poden adquirirse os propios días da función dende unha hora antes na billeteira do Auditorio.
Máis información no Facebook do grupo de teatro Airiños.
