A Plataforma Stop Deshaucios Barbanza informou da suspensión, por parte do Xulgado Número 1 de Ribeira, da toma de posesión dunha familia de Ribeira sinalada para este vindeiro 13 de setembro, caso que xa reflectimos dende esta web poñendo o foco no feito de que atinxe a unha parella de octoxenarios da cidade que teñen a súa vivenda dende 2008.
A plataforma tamén informou de que a Oficina da Valedora do Pobo continúa mediando ante o Grupo Inmobiliario Divarian, dependente do fondo internacional norteamericano Cerberus, para conseguir que o matrimonio de anciáns poida proseguir vivindo na súa vivenda habitual a través dun aluguer social.