Stop Deshaucios Barbanza alerta da ameaza de desaloxo que pesa este mes de setembro sobre unha parella de octoxenarios en Ribeira

31 Agosto 2022

A Plataforma Stop Deshaucios Barbanza informou dun novo caso de desoloxo na nosa comarca, concretamente en Ribeira, onde a oficina da Valedora do Pobo está a traballar para evitar o desafiuzamento dunha parella de anciáns que reside na súa vivenda habitual dende 2008 e á que agora, segundo informa a plataforma, “queren botar da súa casa dende o BBVA e o Grupo Inmobiliario Divarian”, con data sinalada, por parte do Xulgado Número 1 de Ribeira, para este vindeiro 13 de setembro.

Stop Deshaucios explica que a dita entidade bancaria puxera en marcha unha execución hipotecaria contra a familia e logo cedeu o crédito a Divarian, que é o “que agora desexa desaloxar ao matrimonio de octoxenarios, que perciben pensións mínimas e que sofren de diversas doenzas crónicas”. A plataforma solidaria que preside José Manuel Pena tamén fai saber que a Valedora do Pobo está a traballar arreo para evitar o desaloxo e negociando co grupo inmobiliario co fin de que se suspenda o procedemento xudicial e sexa posíbel negociar un aluguer social ao obxecto de garantir o dereito á vivenda a esa familia, “cunha evidente situación de vulnerabilidade e de idades avanzadas”.

Por outra banda, desde o Departamento dos Servizos Sociais de Ribeira puxéronse en contacto coa familia ao obxecto de ofrecer todo tipo de colaboración.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...