Stop Deshaucios alerta dunha nova familia de Ribeira en risco de perder a súa propiedade

30 Setembro 2022

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza vén de compartir un novo caso dun fogar vulnerábel ameazado polas execucións hipotecarias e os desaloxos. Trátase dunha familia humilde de Ribeira sobre a que pesa un procedemento de execución no Xulgado de Ribeira, por denuncia dun prestamista particular de Lugo. Segundo informa Stop Deshaucios, a familia vén de solicitar asistencia xurídica gratuíta para poder establecer unha acción xudicial consistente nunha querela criminal por estafa e engano en documento público e en contra do dito prestamista, un empresario da construción de Vigo e un notario de Lugo, ao obxecto de “evitar perder a vivenda habitual”.

A plataforma fai saber que o empresario da construción de Vigo chegou a asinar o documento público dun préstamo hipotecario da muller sen ser o seu representante legal e o notario consentiu esa irregularidade ao mentir na escritura pública. “Isto estalle supondo uns quebradizos de cabeza á familia unha vez que está en marcha un procedemento de execución hipotecaria no Xulgado de Ribeira, por denuncia do Prestamista particular de Lugo”, explican dende o grupo de Stop Deshaucios na nosa comarca, engadindo que a familia agarda agora que se lle conceda o servizo de xustiza gratuíta para “poder solicitar a nulidade do título de propiedade que non chegou a asinar, en ningún momento, co prestamista e que no entanto, agora, apela ao seu dereito á propiedade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.