Servizos Sociais de Ribeira lanza un novo curso do programa de maiores

13 Setembro 2022

O Concello de Ribeira, a través da Concellería de Servizos Sociais, vén de deseñar un novo programa de dinamización e promoción social das persoas maiores que foi dado a coñecer esta mañá pola súa edil responsable, Ana Barreiro, acompañada da xefa de servizo Francisca Vidal. O proxecto foi presentado na nova Aula do Maior de Aguiño que en breve vai entrar en funcionamento a través dun calendario específico para esta instalación municipal situada a carón da Aula de Música.
Ana Barreiro subliñou que o programa de dinamización, destinado a persoas maiores de 60 amos, ten por obxectivo promover actuacións relacionadas coa ocupación do tempo libre por parte deste colectivo, fomentando a súa participación social e mellorando a súa calidade de vida.
Os obradoiros que se van ofertar no curso 22/23 versarán sobre estimulación da mente (impartido polas psicólogas do Concello Nieves Sobrido e Ángeles Pazos), enriquecemento educativo (a cargo do voluntariado social), lingua galega (pola responsable do servizo de normalización lingüística Alicia Padín), artes plásticas (polo artista e profesor Fernando Yáñez), ximnasia adaptada (por monitoras especializadas), alfabetización dixital (polo axente TIC Manuel Bello).
Tamén haberá talleres de autocoidado e a acción “desenrédate”.
Entre as novidades figura un curso de taek-health, unha actividade física saudable similiar ao taekwondo adaptada aos maiores que incide na exercitación dos músculos e a coordinación e correrá a cargo do club Natural Sport. Ademais, haberá un taller de risoterapia ofrecido por Cruz VerMella e recuperaranse as saídas e viaxes culturais con tres actividades das que se dará información proximamente.
Presinscricións
As persoas maiores interesadas poderán preinscribirse entre o 15 de setembro e o 15 de outubro na Oficina de Atención Cidadá, no Departamento de Servizos Sociais ou de forma telemática a través da
web do Concello.
A edil tamén recordou que a Consellería de Política Social traerá a Ribeira este mes a iniciativa “Coidados Porta a Porta”, con servizos de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía os días 23, 26 e
27 de setembro o Malecón, previa cita nos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992.
Aula do Maior de Aguiño
En canto a Aula do Maior de Aguiño, como se apuntou anteriormente terá un contenido específico todo o ano que será inaugurado o próximo 3 de outubro cun taller de autocoidado para o envellecemento activo impartido pola reputada experta Ana Belén Crujeiras Martínez, quen dirixe un grupo de investigación científica no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, ademais de asesorar
ao Comité de Obesidade de Galicia e a diversos representantes da industria alimentaria e farmacéutica.
Ademais, a aula contará con outras moitas actividades ao longo do curso entre as cales, segundo a época, figurarán talleres de arte floral, poda, xardiñeiría, etc., ademais de impartirse formación para fomiliares sobre estimulación cognitiva por parte da Asociación Agadea de apoio a persoas con alzheimer.

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...