Ribeira acolle a primeira regata clasificatoria de vela lixeira da tempada

16 Setembro 2022

A biblioteca do “Club Náutico Deportivo de Riveira”, albergou a presentación da regata clasificatoria da
clase Optimist que, con motivo da celebración do 50ª Aniversario da fundación da entidade social e deportiva da localidade coruñesa, vai disputar os días 1 e 2 de outubro próximos, baixo a tutela da Escola de Vela Ramiro Carregal Rey.
Conducido o acto polo seu presidente, José Luís Torres Colomer, contou coa presenza de Manuel Villaverde, presidente da Comisión Xestora da Real Federación Galega de Vela; José Luis Lomba,
Comodoro do club; e Justo Arevalillo, o seu tesoureiro.
“Sen o apoio dos socios, dos pais de nenas e nenos da Escola Ramiro Carregal Rey, e dos patrocinadores cos que conta de maneira habitual o club, non sería posible a realización de eventos como este, no que van tomar parte preto de 150 novos regatistas da clase Optimist de toda Galicia”, comentaba Colomer.
Pola súa banda, Lomba, explicou os detalles técnicos da regata: “As categorías da vela infantil que van tomar parte son Sub13, tanto masculina como feminina; e Sub16, tamén masculina e feminina. As
probas realizaranse o máis próximo posible á praia de Coroso, en función do vento. Estimamos que contorna a 12 clubs galegos estarán en Riveira cos seus equipos de regata, polo que é un bo revulsivo para a economía local, ao vir boa parte das nenas e nenos cos seus pais”.

“En primeiro lugar quixera felicitar ao club polos seus 50 anos e por apostar por promocionar o deporte da vela da maneira que o está facendo. E en segundo lugar agradecer a persoas como Ramiro Carregal que decidisen promover e patrocinar o noso deporte. Ramiro é unha persoa esencial e todos sentimos agradecidos”, comentaba o presidente federativo, Villaverde.
A cita velística conta coa colaboración da Real Federación Galega de Vela, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Fundación Deporte Galego, Deputación da Coruña, Abanca, CONGALSA,
a Deputación da Coruña e Gadis, e o patrocinio de Ramiro Carregal Rey.

Foto Juan Caballero

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.