Rianxo comeza outubro con teatro, literatura, música e unha observación astronómica

29 Setembro 2022

O Concello de Rianxo compartiu a axenda cultural deste comezo de outubro a desenvolver no termo municipal, poñendo o foco non só nas actividades organizadas pola Área de Cultura do Consistorio senón tamén naquelas organizadas por outras entidades culturais. Haberá teatro infantil e adulto, música, presentacións literarias e, ademais, retómase a observación astronómica da USC adiada no verán (unha observación da Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño).

Outubro

-Sábado 01, Centro Sociocultural-Auditorio, 18:00
Teatro infantil: Ris Ras de Baobab Teatro

Público familiar: para crianzas de 1 a 8 anos
Organiza: Concello de Rianxo

-Domingo 02, Centro Sociocultural-Auditorio, 12:30
Música: Theis Saxophone Quartet
Organiza: Concello de Rianxo e Escola de Música de Rianxo.
V Ciclo de Novos Intérpretes da EMR e o Concello e Rianxo

-Domingo 02, Centro Sociocultural-Auditorio, 20:30
Observación astronómica: A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño

Organiza: Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da USC e o Concello de Rianxo, co apoio do Xacobeo 21-22.

-Venres 07, Centro Sociocultural-Auditorio, 21:00
Libros: Presentación libro Dó, Anxo Muíños
Organiza: Editorial Medulia. Colabora: Concello de Rianxo

-Sábado 08, Centro Sociocultural-Auditorio, 20:30
Teatro: Morte accidental de un anarquista”, por Talía Teatro

Público adulto: maiores de 12 anos

Organiza: Concello de Rianxo. Colabora: Deputación da Coruña
Programa Rede Cultural 2022

-Venres 14, Centro sociocultural-auditorio, 21:00
Teatro: Morgana en Esmelle, por Sarabela Teatro

Público adulto: maiores de 12 anos

Organiza: Concello de Rianxo.

-Sábado 15, Centro Sociocultural-Auditorio, 18:00 e 19:00
Teatro infantil: Catro de Caramuxo Teatro

Crianzas de 1 a 5 anos.

Máximo 2 acompañantes por familia

Inscrición previa en www.concelloderianxo.gal
Organiza: Concello de Rianxo. Colabora: Deputación da Coruña
Programa Rede Cultural 2022

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...