Rianxo achega cinco obradoiros para adultos ao abeiro das súas Aulas Socioculturais

23 Setembro 2022

A área de Cultura de Rianxo presentou os detalles das súas Aulas Socioculturais e de Ocio Educativo, concibidas como unha proposta de animación sociocultural, difusión da cultura popular e educación de adultos. A finalidade concreta é “promover e potenciar o desenvolvemento individual e colectivo da veciñanza adulta rianxeira a través da acción cultural socioeducativa”. Búscase tamén mellorar a calidade de vida da poboación, incrementar o seu acervo cultural persoal e comunitario e “ofrecer espazos de ocio creativo e mellorar as competencias e habilidades persoais e sociais”.

O prazo de inscrición dos obradoiros (un total de cinco) comeza o luns 26 de setembro no formulario que se habilitará no sitio web do Concello de Rianxo e remata o 6 de outubro ás 14.00. As admisións serán por rigorosa orde de inscrición.

Os obradoiros que se realizarán serán:

-Música Tradicional e Canto Coral.

-Cartón-Pedra.

-Iniciación ao Gravado.

-Escrita Creativa e Gravado.

-Descubrindo Arte Dramática: O Teatro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.