“Que fagan país”. Luís Celeiro

16 Setembro 2022

Efectivamente, agora nesta Galicia nosa, coa zona rural toda a monte, a terra é para quen a traballa. Na Galicia abandonada caeron e seguen caendo as casas aldeás, desapareceron os lindeiros, borráronse os carreiros e cegáronse os camiños. Non hai leiras para o cultivo, nin
prados para regar nin can que lle ladre. Hai terra para traballar, labrar, andar e coidar.
Temos o país co rural baleiro de xente, descoidado e á espera do que poida pasar.
Cunha extensión que se acerca aos trinta mil quilómetros cadrados de superficie, Galicia ten unha poboación de case dous millóns setecentos mil habitantes e cada día van minguando.

O abandono do rural hai que paralo, hai que crear condicións para que a mocidade poida quedarse, vivir e traballar na aldea ou dende a aldea. Temos a poboación envellecida e unha taxa de natalidade que se aproxima ao cero.
As escolas rurais están caídas, escondidas detrás das silveiras ou nunha morea de escombro, como se fosen un marco xeracional para recordarlles aos que quedan vivos que houbo outro tempo neste mesmo período. As airas desapareceron, ferreiros non quedan, non hai oficios, non hai comunicacións eficientes nin fontes para beber. Os auditorios dos anos oitenta están fechados e coas luces apagadas. Tamén fecharon as estacións de Renfe e, por suposto, os apeadoiros, mentres o tren vese pasar ao lonxe, cara a un lado e cara o outro. A onde irá ese tren, sen parada?
Aqueles coches de liña que tiñan a súa hora e levaban a xente á feira ou á vila, onde estarán? Quen sabe onde estarán! Onde irán as feiras de cada lugar? E, ao non funcionar internet, a onde irá a xente para comprar, para vender, estudar ou bailar?
Golpe a golpe, o rural esmorece. Desaparece para deixar un ermo, un deserto de maleza que cubra a terra de mar a mar. E despois? Enseguida, cando non se precisen os servizos funerarios, a onde iran os modernos tanatorios, tan prezados e tan gabados? Cada concello ten o seu ou un par deles. Alí fanse os velorios, chórase a perda do familiar querido, do veciño ou do amigo. Os que queren rezar, rezan, e moitos converten á casa dos mortos no centro social do lugar.
En Galicia hai unhas dúas mil aldeas abandonadas e unhas nove mil teñen menos de dez habitantes e todos son vellos. Á vista dos datos, a Tía Manuela quere facer unha chamada ás autoridades para que freen a desfeita, xunten as forzas e fagan país.

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.