Portosín despide o verán con degustacións de peixes e mariscos e festa para a rapazada (este sábado 17)

17 Setembro 2022

Este sábado 17 de setembro temos festa en Portosín, ao abeiro da campaña comercial Portosín Móvese e a marca Azul de Portosín. En concreto, a Confraría de Pescadores San Andrés e a Asociación de Empresarios de Portosín, coa colaboración do Concello sonense, reivindicarán e exaltarán os peixes e mariscos locais cunha axenda festiva na que haberá música, xogos para a rapazada e, por suposto, degustacións.

A xornada arrincará ao mediodía cunha ruada a cargo da Charanga Alambique. Logo celebrarase a sexta edición do concurso de tapas Azul de Portosín para dar paso a unha sesión vermú amenizada polo dúo Charada. Pola tarde haberá xogos para a rapazada na praza do Curro e música a cargo de Alambique, novamente, nas rúas de Portosín e na contorna do porto. Pola noite, verbena.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.