Esta semana a Asociación Cultural Taller Alecrín está a presentar as súas novas actividades na nosa contorna, un completo programa de obradoiros de baile gratuítos (Baila con Nós) a disposición da cidadanía dos concellos do Barbanza. A axenda, dirixida ao público adulto, comezará a súa singradura no Centro Social e Cultural de Boiro o venres, 16 de setembro e rematará en Santiago a finais de outubro, pasando antes por unha manchea de localidades da comarca.

O programa Baila con Nós, dirixido por Francisco Muñiz, é unha iniciativa de balde para entidades públicas, privadas ou asociativas da contorna do Barbanza e Santiago, e dirixida ao público adulto. O obxectivo xeral é a difusión e promoción do baile como actividade que fomente os hábitos saudábeis tanto a nivel individual como de parella nun contexto social e cultural.
Podemos solicitar máis información destas actividades no teléfono 698 150 432 ou través da conta de correo talleralecrin@gmail.com.
Dous obradoiros dunha hora de duración cada un a realizar nun mesmo día abranguen o programa: de 20:00 a 21:00 horas o de Linedance, modalidade de práctica individual, indicado para persoas que desexen una toma de contacto cos diferentes ritmos de baile, tanto latinos coma modernos; e de 21:00 a 22.00 horas o de Bailes de Salón, modalidade encamiñada á práctica en parella dos tan coñecidos bailes estándar, latinos e tropicais.
Francisco Muñiz, director do programa, é licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, xestor cultural, e dende o ano 1986 adícase á difusión e ensinanza do baile a nivel social e deportivo. É membro fundador da recentemente creada Federación Galega de Baile Deporivo (FGBD), e presidente da Asociación Cultural Taller de Danza Alecrín e do Club Deportivo Alecrín.
ENTIDADES CONFIRMADAS 13.09.22
CENTRO CULTURAL E DEPORTIVO BOIRO
Rúa Severo Ochoa, 4-6. Boiro
Venres, 16 de setembro
CONCELLO DE VALGA
Casa da Cultura. Lugar de Paredes, s.n. Valga
Sábado, 17 de setembro
CONCELLO DE RIANXO
Cuartel Vello. Praza Castelao, 11. Rianxo
Venres, 23 de setembro
ASOCIACIÓN AMAS DE CASA DE RIBEIRA
Conservatorio. Rúa Miguel Rodriguez Bautista, 21. Ribeira
Sábado, 24 de setembro
CÍRCULO MERCANTIL DE RIBEIRA
Rúa Mestres Lustres, 20. Ribeira
Domingo, 25 de setembro
ASOCIACIÓN FRANCISCO LORENZO DE AGUIÑO
Aula de Música de Aguiño. Rúa Castelao S/N. Aguiño-Ribeira
Mércores, 28 de setembro
CONCELLO DE PORTO DO SON
Escoa Municipal de Danza. Rúa Jorge Lorenzo. S/N. Porto do Son
Xoves, 29 de setembro
CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DA POBRA
Rúa Castelao, 5. Pobra do Caramiñal
Venres, 30 de setembro
SOCIEDADE FILLOS DE PALMEIRA
Rúa Mt. Lorenzo Mene, 8. Insuela-Palmeira. Ribeira
Martes, 4 de outubro
LICEO MARÍTIMO DE RIBEIRA
Rúa Linares Rivas, 4. Ribeira
Xoves, 6 de outubro