Os maiores de Porto do Son poden participar a partir de outubro nun taller de memoria

19 Setembro 2022

O Concello de Porto do Son, a través da área de Benestar Social, organiza este outono unha actividade que facilita recursos á poboación sénior do termo municipal que lles permitan mellorar a súa calidade de vida e gañar en autonomía e independencia. O Obradoiro de Memoria para Persoas Maiores comeza este mes de de outubro con horarios e espazos adaptábeis en función da demanda (de entrada desenvolverase no Son, en San Pedro de Muro, en Xuño e máis en Caamaño, en todos os casos en horario de mañá). Quen estea interesada e ou interesado en participar terá que chamar ao teléfono 981 86 74 14. Trátase dunha actividade para veciñas e veciños maiores de 55 anos. As prazas son limitadas.

Outros artigos

Ribasieira celebra este 11 de abril un sábado de bingo

Este sábado 11 de abril vai ser un sábado de festa en Ribasieira (O Porto do Son). A Casa da Cultura de Ribasieira acollerá o xogo do bingo durante boa parte da tarde, ata culminar pola noite no "bingo dos bingos". Os horarios serán ás 17.00, ás 18.00, ás 19.00 e ás...

+

O Gran Camiño chega a Barbanza o vindeiro 16 de abril

O xoves 16 de abril o Barbanza será a gran protagonista da quinta edición de O Gran Camiño, cunha etapa litoral que discorrerá pola beira do mar pero tamén terá presenza de montaña. A etapa unirá Carballo con Padrón. Os ciclistas da proba profesional galega...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.