Os empresarios de Ribeira repartirán 400 euros en premios na nova campaña de Volta ao Cole

06 Setembro 2022

A Asociación de Empresarios de Ribeira presentou este 6 de setembro os detalles dunha campaña que coincide co reinicio da actividade escolar e que ten o obxectivo de achegar premios que nos axuden a suavizar a costa de setembro ao tempo que reivindicamos o comercio de proximidade neste punto de inflexión verán-outono. Estamos a falar da campaña Volta ao Cole, na que a asociación sorteará 400 euros durante o mes de setembro. Farao entre os tíckets rexistrados na web da patronal: 100 euros cada semana.

Nas bases especifícase que nos sorteos poderán participar “todos aqueles clientes que merquen ou consuman nos establecementos asociados dende o 6 até o 30 de setembro deste 2022”. Tamén se fai saber que o obxectivo fundamental da campaña é “incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista de Ribeira”.

A promoción realizarase entre as compras e consumicións feitas desde o día 6 ó 30 de setembro de 2022. A forma de participar será mercando e consumindo en calquera establecemento socio e rexistrando o tícket de compra en www.empresariosriveira.com. Sortearanse, como dixemos, 400€ en vales de compra, do seguinte xeito:

-Un primeiro sorteo realizarase o 13 de setembro ás 09:00h entre os tíckets de compras feitas do 6 ao 12 de setembro. Sortearase dous vales de compra de 50€..

-Un segundo sorteo realizarase o 19 de setembro ás 09:00h entre os tíckets de compras feitas do 13 ao 18 de setembro. Sortearase dous vales de compra de 50€.

-Un terceiro sorteo realizarase o 26 de setembro ás 09:00h entre os tíckets de compras feitas do 19 ao 25 de setembro. Sortearanse dous vales de compra de 50€.

-Un cuarto sorteo realizarase o 3 de outubro ás 09:00h entre os tíckets de compras feitas do 26 ao 30 de setembro. Sortearanse dous vales de compra de 50€.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...