Oito equipos base de Galicia concorren esta finde no II Torneo Cidade de Ribeira

16 Setembro 2022

Esta fin de semana o Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira dará cabida á segunda edición do Torneo de Fútbol Base Concello de Ribeira: unha competición que foi presentada no mediodía deste venres 16 na Casa do Concello pola tenente de alcalde María Sampedro, xunto con Francisco Sampedro e Xosé Manuel Vilas, de Cidade de Ribeira e Xuventú Aguiño, e por Blas Charlín da Fundación Celta.

Serán oito os equipos que tomarán parte neste torneo: o sábado os alevíns e o domingo os benxamíns. Estarán o Deportivo da Coruña, Cidade de Ribeira, Val Miñor, Xuventú Oroso, Conxo, S.D. Aguiño, Bertamiráns e Celta de Vigo.

Dáse a circunstancia de que sete dos oito equipos participantes estiveron nas fases finais galegas tanto da zona norte como da zona sur no ano pasado, o que fai del un torneo dun gran nivel ao inicio da tempada.

Streaming
Como novidade, o torneo será retransmitido en streaming na plataforma Galicia Sports 360 a través da aplicación gratuíta Veo Live.

Os comparecentes convidaron á veciñanza a que se acheguen na Fieiteira para “apoiar ao fútbol base coa certeza de que se verá un moi bo espectáculo”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...