O Thesis Saxophone Quartet estará este 1 de outubro en Rianxo (V Ciclo de Novos Intérpretes)

28 Setembro 2022

O quinto Ciclo de Novos Intérpretes que impulsa o Concello de Rianxo abre o programa de actividades o vindeiro 1 de outubro ás 12.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio, cun concerto da agrupación galega Thesis Saxophone Quartet.

A agrupación ten a súa orixe en 2013 cando do seo da aula de saxofón do Conservatori Superior de lles Illes Balears nace baixo o nome de Thesis Quartet unha nova formación camerística integrada por catro saxofonistas cuxas expectativas están orientadas cara a un só obxectivo: achegar ao público as máis variadas sonoridades desta rica e completa formación, o cuarteto de saxofóns.

Desde a súa creación, os seus integrantes non cesaron de investigar e involucrarse en repertorios de distintas épocas, desde a música Barroca ata a música de efectos do século XXI.

A pesar de ser unha formación recente, Thesis Quartet xa actuou en diversos puntos da xeografía española tales como Galicia, Madrid ou Palma de Mallorca.

Entre os seus galardóns salientan a Mención de Honra recibida no III Concurso Internacional de Cámara Antón Garcia Abril e o segundo premio no XVI Concurs Internacional de Música de Cambra, Ciutat de Vinaròs.

Outros artigos

Ribeira presenta un Maio Cultural cheo de propostas diversas

O Concello de Ribeira presentou o programa do Maio Cultural 2025, que organiza a Concellería de Cultura de Ribeira en colaboración coas áreas de Educación e Normalización Lingüística. Na cita cos medios estiveron presentes Antía Alberte, concelleira de Cultura e Cruz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...