O Rotogal Boiro Voleibol perde a final da Copa Galicia contra o San Sadurniño nun duelo moi igualado

18 Setembro 2022


O San Sadurniño proclamouse campión da Copa Galicia despois de superar na final disputada esta tarde en Pontevedra ao Rotogal Boiro Voleibol (3-2). O encontro desenvolveuse baixo unha gran igualdade, pero o acerto ofensivo dos de Ferrolterra nos tramos decisivos dalgúns sets resultou determinante no desenlace.
O San Sadurniño anotouse o primeiro set con relativa comodidade (25-19). A pesar de que o Rotogal Boiro Voleibol chegou a tomar a dianteira, foi vítima dos erros e colocouse a remolque no marcador.
Con todo, os de Emilio Palacio foron mellorando co paso dos minutos. Mario Iglesias non acusou a lesión que lle mantivo afastado das canchas durante case dúas semanas e os da Cachada equilibraron o duelo na segunda manga.
O guion repetiuse posteriormente, co terceiro parcial a favor do San Sadurniño (28-26) e o cuarto para o Rotogal Boiro Voleibol (22-25). Os da Cachada ofreceron bos momentos en facetas como o saque e a defensa, pero os de Ferrolterra tamén dominaron o duelo noutras fases.
Na morte súbita, os de Emilio Palacio acusaron a fatiga e a carga de adestramento e acabaron cedendo #ante un San Sadurniño que se mostrou fino en ataque (15-11).
Vitoria #ante Vigo en semifinais
O Rotogal Boiro Voleibol accedeu á final tras superar ao Vigo por 3-1 en semifinais. Os da Cachada realizaron unha frouxa posta en escena que lles levou a ceder a primeira manga. Pero, posteriormente, refixéronse e remontaron para facerse co partido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.