O Rotogal Boiro Voleibol disputa mañá o seu primeiro amigable de pretemporada na cancha do Dumbría

12 Setembro 2022

Tripla cita para o Rotogal Boiro Voleibol durante esta semana.
Os da Cachada xogarán dous amigables contra o Dumbría e o sábado participarán na Copa
Galicia, que se celebra en Pontevedra. O técnico Emilio Palacio recupera para estes compromisos ao
central Mario Iglesias, que se restableceu dunha lesión nos isquiotibiais.
O Rotogal Boiro Voleibol visitará mañá, ás 20.00 horas, a cancha do Dumbría, rival que
milita na Superliga 2. O mesmo enfrontamento repetirase o xoves ás 19.30 horas no Pavillón
da Cachada. O sábado, o conxunto de Emilio Palacio tomará parte na Copa Galicia, competición
na que se medirá en semifinais ao Vigo, equipo que compite na Superliga 2.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.