Ribeira acolleu este sábado 17 a segunda edición do Encontro Multicultural Festival Raíces

17 Setembro 2022

O Parque Periurbano de San Roque acolleu este sábado 17 á segunda edición do Encontro Multicultural Festival Raíces, un proxecto inclusivo impulsado polo Concello de Ribeira que conta coa implicación da colectividade social a través de Cáritas Parroquial, ICE Renovación, Cruz Vermella e a Comunidade Islámica de Ribeira.

Os participantes destacaron o seu carácter multicultural e diverso, con música, actividades ambientais e infantís e un xantar solidario.

O festival dou comezo cunha actividade ambiental de recollida de refugallos, coincidindo co Día Mundial de limpeza de praias e ríos, e onde houbo xogos populares interxeracionais organizados por ICE Renovación.

Proxecto “El zapato que crece“

A continuaciónfoi o xantar popular solidario no que os asistentes poderon mercar a prezos populares diversas viandas (paella, bebidas e sobremesas elaboradas pola comunidade islámica) e no que a recadación irá destinada a El zapato que crece, un proxecto humanitario nunha zona selvática de Guinea Bissau que ten por obxecto subministrar aos nenos calzado con capacidade para adaptarse ao seu crecemento (até en cinco tallas) e aumentar así o seu tempo de uso. Saraghallada puxo o acompañamento musical.

Xa pola tardedesenvolveronse obradoiros infantís que inclúeu unha función da pallasa Troskita, para rematar a xornada co concerto de Boroa.

No transcurso do encontro distribuise entre os asistentes uns agasallos do Xacobeo e ademais, Cruz Vermella encargouse dun posto de primeiros auxilios por calquera incidencia que puidera xurdir.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.