“O porqué do ascenso da ultradereita en Europa” – Manuel Domínguez

26 Setembro 2022

A miña opinión, que non é tal, está baseada no estudo sociolóxico, da realidade, dunha realidade que é común a todos os países europeos.

A gran mentira.

Dinche que os emigrantes quitan o traballo aos de aquí, que che rouban a sanidade, dinche de todo o peor e en que se basean? Nunha verdade mínima, facéndoa crible coma se ese 1% fose o 99 restante.

Se ti disme que un africano,vaiche a quitar o traballo eu preguntaríame, que carallo vales ti, se unha persoa que non coñece o teu idioma, sen preparación ou sen poder demostrala, como un ser indefenso vaiche quitar o que non tes, se o tiveses non falarías así.

Seis meses de cárcere a unha muller por insultar a unha musulmá que paseaba con veo por Santander. A Fiscalía pedía nove meses, rebaixados no xuízo celebrado esta semana con conformidade e no que se acordou ademais multa de mil euros.

Está a cultivarse a xenofobia, nós un pobo emigrante.

Queimar a bandeira nacional, ou as fotos do rei é liberdade.

Se un emigrante rouba, ou alborota nas rúas, ou inculpe leis entón a extrema dereita multiplica o caso por mil, e fai que eles sexan os culpables de todas as desgrazas que a clase política non foi capaz de atopar solución.

Nisto baséase o Brexit de Boris Johnson, os emigrantes son os responsables dos males do Reino Unido, dicíalles que aforrarías miles e miles de libras, saíndo de Europa, e unha sociedade ignara, disposta a crerse os cantos de sirena, carente de perspectiva, votou sen maior responsabilidade. Nostálxicos do imperio.

Ocúltase o progreso económico dun sector emigrante, que prospera nos seus negocios, só búscase o negativo, no metro en Italia onte estaban a cantar Bela ciao, a un grupo de emigrantes.

Esquécense da pequena Italia en New York.

Unha mattina a miña son svegliato,
e ho trovato l’invasor.
Unha mañá espertei,
e atopei ao invasor.

Eu traduciríaa, mais acorde á nosa realidade, “unha mañá espertei e atopeime ao Opresor”.

Porque a xente vota á ultra dereita porque esta cansa da ultra esquerda, cansa do sistema, a xente quere cambios, aínda que os traia o diaño, porque imos á deriva, pero a solución non é saír de Europa, iso sería un suicidio.

É o mesmo efecto do 15-M, de alí saíu Podemos, todo o saído dunha confusión, dun intre de mal xenio, non é a resposta.

Pero partidos de esquerdas ou de centro esquerda, partidos de dereitas non saben xestionar a solución, Meloni hai 4 anos tiña un 3% de votos, hoxe conquista o Goberno.

Europa necesita estatistas non políticos, os políticos pensan nas próximas eleccións, os estatistas nas próximas xeracións.

Chegou o día da votación e estaba Arístides na Ágora e achegóuselle un home que, sen coñecelo, pediulle que no ostracón (papeleta de hoxe en día) se escribise o nome de Arístides. Entón, o Xusto faino e logo pregúntalle ao cidadán: “Por que queres que condenen ao exilio a Arístides” ao que este responde: “Porque estou farto de ouvirlles a todos que é un home xusto”.
Velaí o problema.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.