O Pazo de Rianxiño acolle en outono un obradoiro de escultura en cartón pedra

28 Setembro 2022

O Pazo de Rianxiño vai acoller este outono o obradoiro Iniciación á escultura en cartón-pedra. Serán entre 24 e 30 horas de contidos, a desenvolver en horario de 16.30 a 20.00 horas, os sábados 15 e 22 de outubro, 5, 12, 19 e 26 de novembro e 10 de decembro. O obxectivo é introducir aos asistentes nas técnicas básicas de traballo co cartón-pedra (materiais, ferramentas, manipulación, etc.), realizando unha peza conxunta entre todos os participantes e unha peza individual cada un deles. O obradoiro está dirixido a maiores de 16 anos (menores de 12 anos: só acompañados dun adulto e traballando na mesma peza individual). As inscricións, por rigorosa orde de chegada ata o 6 de outubro ás 14.00 horas, poden facerse na web do Concello.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.