O Pavillón Agustín Mourís de Noia recibe os últimos retoques

19 Setembro 2022

O Concello de Noia informou de que xa están na súa recta final as obras para mellorar e poñer o punto o Pavillón Municipal Agustín Mourís. A semana pasada o alcalde Santi Freire e a concelleira de Deportes, Laura Salgado, comprobaron de primeira man o avance das obras.

Segundo informaron, con esta actuación ampliouse a superficie sobre os vestiarios, gañando novos espazos para ximnasio, sala de prensa, palco de autoridades e ampliación de aforo.

Tamén se actuou nos vestiarios cunha renovación que permite un mellor aproveitamento do espazo e ampliación da grada, aumentando o aforo do pavillón; así como melloras de accesibilidade no acceso ao mesmo e a instalación de portas de evacuación.

Ademais levouse a cabo a ampliación do recibidor de entrada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.