O Festivalo 22 trae ao Valo de Manselle (Dodro) a Ruxe Ruxe e ao grupo revelación local Pecha a Cansela

17 Setembro 2022

O Concello de Dodro a través da Concellería de Cultura e Patrimonio organiza o Festivalo 22, que se vai celebrar no Valo de Manselle na aldea do mesmo nome e onde se poderá desfrutar da mellor música galega actual e de xeito gratuíto. Este ano contarase coa banda compostelá Ruxe Ruxe, un referente do rock galego e con Pecha a Casela, grupo revelación de Dodro que inicia a súa carreira neste festival. O Festivalo celébrase o 24 de setembro ás 21.00 horas.

Ruxe Ruxe

Con 26 anos de traxectoria e 12 LPs no mercado, Ruxe Ruxe están no seu mellor momento. Despois de celebrar o seu 25 aniversario, comezan na primavera a súa xira de 2022 presentando as cancións que conformarán o novo disco, que promete ser o máis singular da súa carreira.

A banda é sen dúbida un referente do rock galego, movéndose á marxe dos grandes poderes da cultura, das modas e do politicamente correcto. Co espírito de loita por bandeira, do rock do país, do rock libre e de combate, do realismo máxico e do corpo a corpo sincero, directo e emocional, a esencia do ADN dos Ruxe Ruxe queda patente en cada disco editado e en cada concerto que deron dende os seus inicios no ano 96. “Ser de aquí e dun tempo” que diría Celso Emilio Ferreiro, “rapaces da aldea máis non uns ninguéns” que diría Xosé Neira Vilas.

Pecha a Cansela

Procedentes doutros universos musicais, aterran no planeta Rock os Pecha a Cancela, o grupo revelación do panorama musical dodrense. Eles son Antía (voz), Lois (guitarra), Martiño (voz, guitarra e teclados), Jorge (guitarra), Saleta (baixo) e Duarte (bateria). Tras máis dun ano pechados no local de ensaio traen a este concerto de presentación unha escolma de temas clásicos do rock universal pasados pola súa cociña. Vellas melodías interpretadas cun estilo propio que de seguro marcará a evolución deste prometedor proxecto.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.