O Consello Local de Pesca de Ribeira convoca unha concentración o 8 de outubro en defensa da pesca de fondo

22 Setembro 2022

O Consello Sectorial de Pesca reuniuse este mediodía no salón de plenos do consistorio local de Ribeira para a abordar a recente decisión da Comisión Europea de darluz verde a aplicación do regulamento comunitario que veda a pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico nororiental.
De resultas desta xuntanza acordouse adoptar unha serie de medidas para visualizar a enorme preocupación do sector e concienciar á poboación sobre as gravísimas consecuencias que unha decisión coma esta (que se suma a outras como o Regulamento de Control ou a instalación de eólicos mariños) entrañaría para o futuro do municipio, no que o 50% da súa economía depende da pesca.
Entre as accións que se van poñer en práctica inclúese a celebración dunha concentración multitudinaria o sábado 8 de outubro na praza do Concello (a hora está pendente de determinar, aínda que presumiblemente será pola tarde), de forma similar a outras mobilizacións históricas como a que en febreiro do 2011 levou a milleiros de persoas a protestar na nosa cidade contra os recortes nas cuotas de lirio.
Recollida de firmas Outras medidas acordadas son iniciar unha recollida de firmas, elaborar un manifesto a favor do sector, e dirixirse ao Estado e á Xunta para que defenda a nosa flota de todas as formas posibles, incluíndo a xudicial.
O Consello de Pesca estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz e contou coa participación de representantes de todos os grupos municipais da Corporación, Confraría de Ribeira, Asociación de Armadores de Arrastre, Asociación do Cerco de Ribeira e Aguiño, Lonxa de Ribeira, Asociación de Empresarios de Ribeira e sindicato Comisións Obreiras.

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...