Desde este luns o Congreso Internacional sobre o Reino da Galiza poderá ser visto desde calquera parte do planeta

18 Setembro 2022

O primeiro Congreso Internacional sobre o Reino de Galicia (Regnum totius Gallaeciae. O Reino Medieval de Galicia), organizado pola Deputación da Coruña, será un evento interactivo, participativo e sen límites. De feito, poderase participar nel e debater temáticas de xeito telemático. “A idea foi ampliar as posibilidades de asistencia, dado o interese que suscitou o evento, que esgotou todas as prazas en cada unha das sesións logo de abrirse as inscricións”, sinala a Deputación.

O Congreso celebrarase do 19 ao 22 de setembro e terá lugar en diferentes espazos de Santiago de Compostela. Os relatorios serán no Museo do Pobo Galego e o programa musical na contigua Igrexa de San Domigos de Bonaval. Está prevista a participación de 18 relatores e relatoras de diferentes perfís que abordarán cuestións relacionadas coa historia, a arte, a literatura, ou a organización administrativa do Reino Medieval de Galiza e que proceden de diferentes institucións, entre as que destacan as universidades de Nova York, Barcelona, Santiago, Salamanca e Oviedo.

O deputado de Cultura, Xurxo Couto, lembrou na presentación do evento que “o congreso nace como unha iniciativa absolutamente necesaria de cara a normalizar o dereito a coñecer a nosa propia historia. Asegurou tamén que “vai permitir socializar un enfoque propio e rigoroso do poder político galego nesa altura histórica, ata o de agora contaminado pola historiografía españolista que é a que aínda se segue a estudar no sistema educativo».

Anselmo López Carreira será o curador científico dun congreso que se vai retransmitir ao vivo desde www.reinomedievaldegalicia.gal, que nos días do evento centrará nunha pantalla única as diferentes relatorías, as proxeccións e a interpretación para as persoas xordas. Ademais, tamén se poderá participar de forma activa nos debates programados ao fin de cada sesión, achegando á sala compostelá calquera comentario ou dúbida sobre as palestras que estean a decorrer.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.