O Concello de Lousame saca a licitación a mellora do camiño de Portela a Seixido por un importe de máis de 65.000 euros

06 Setembro 2022

O Concello de Lousame vén de sacar a licitación, por procedemento aberto e ordinario, as obras de mellora do camiño de Portela a Seixido por un importe de 65.814,61 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de seis meses. As empresas interesadas teñen ata as 23:59 horas do vindeiro 20 de setembro para presentaren as súas ofertas.

Segundo informaron fontes do Consistorio, as obras consisten na mellora e ancheamento da capa de rodaxe dun viario de 750 metros de lonxitude e 3,5 metros de ancho entre as localidades de Portela (Tállara) e Seixido (Lousame), que discorre en paralelo á DP-4201. Así, o proxecto inclúe o arranxo previo de fochancas na pista e a mellora da seguridade viaria mediante a ampliación do seu ancho nun metro, pasando así o camiño a ter 4,5 metros de ancho. A capa de rodaxe será mellorada mediante a aplicación de seis centímetros de aglomerado en quente.

Así mesmo, procederase á limpeza de gabias e salvagabias para a correcta drenaxe da pista, que contará con nova sinalización viaria tanto horizontal, co pintado de liñas en bordes e símbolos, como vertical, coa colocación de dous sinais de Stop. As obras están incluídas no POS+ 2022.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...