O Concello de Noia mellora a seguridade e a mobilidade do barrio de Labarta

29 Setembro 2022

Esta semana continuaron en Noia os traballos dirixidos a mellorar a accesibilidade, a seguridade e a mobilidade do barrio de Labarta. Segundo informou o Concello, logo de optimizar o firme de varias das rúas desta contorna da vila con pavimentado asfáltico (mestura botuminosa en quente), procedeuse ao pintado dos pasos de peóns e esta semana iniciouse o marcado viario das zonas de aparcamento. Os traballos, que tamén implicaron o levantamento dos rexistros de saneamento e das arquetas para deixalos a nivel, afectaron á rúa Pintor Xenaro Carrero, á rúa Xosé Fernández da Ponte, á rúa Francisco Romero Blanco, á rúa Travesía Pintor Xenaro Carrero e á rúa Pintor Francisco Creo.

A Concellería de Obras establece ademais o dobre sentido de circulación en toda a lonxitude da rúa Pintor Xenaro Carrero. As obras supuxeron un investimento duns 140.000 euros.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.