O Concello de Boiro saca a licitación o proxecto para completar a urbanización das rúas Tenencia e Pesqueira

06 Setembro 2022

O Concello de Boiro sacou a licitación o proxecto para completar a urbanización nas rúas Tenencia e Pesqueira por un importe de 100.546,56 euros. As actuacións forman parte do Plan Único Concellos (POS+ 2022) da Deputación da Coruña.

O proxecto, que se atopa en fase de presentación de ofertas, ten como finalidade concreta, en palabras do Concello, “establecer as especificación técnicas para a execución da urbanización dos tramos finais das rúas Tenencia e Pesqueira cun novo pavimento similar ao da contorna e mellorar a rede de pluviais para garantir unhas condicións axeitadas neses espazos urbanos”.

No tramo de Tenencia, no centro urbano de Boiro, vaise levantar o pavimento existente para a execución dunha nova rede de recollida de pluviais e, tamén, realizar a execución dun novo pavimento novo de lastras de formigón e lousas de pedra para a regulación de rasantes.

En Pesqueira, no núcleo de Cabo de Cruz, vaise realizar unha nova rede de recollida de pluviais e un novo pavimento de lastras de granito e lousas de pedra.

O proxecto para a execución das actuacións atopase en licitación, as empresas interesadas poden presentar as ofertas ata o vindeiro 14 de setembro a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.