O Concello da Pobra incrementa os servizos e axudas no curso escolar 2022-2023

23 Setembro 2022

Co obxectivo de facilitalo acceso á educación en igualdade de condicións, o Concello da Pobra do
Caramiñal reforza as prestacións para o curso escolar 2022-2023.
A concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), explica que a Administración local contratou 5 monitoras para o Servizo de Madruga e o apoio ao comedor escolar na E.E.I. Fernández Varela, no CEP Pilar Maestú Sierra e no CEP Salustiano Rey Eiras. Debido ao volume de persoas usuarias, valórase incorporar unha profesional máis. O primeiro está orientado a favorece-la conciliación das familias por posibilita-la entrada dúas horas antes do inicio do horario escolar, mentres que o segundo consiste nunha colaboración coas ANPA con relación ao coidado das crianzas, entre as 14.00 e 16.00 horas.
Na súa dimensión social, a edil dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), manifesta que se incrementan as axudas á escolarización que se outorgan seguindo parámetros obxectivos. Os datos reflicten que se pasou de 19 solicitudes en 2021 a 38 neste 2022, das cales foron concedidas 11 e 23, respectivamente. No total benefícianse 34 crianzas.
As denegadas foron por supera-lo baremo económico. Estas prestacións van en dúas vertentes: unha cota fixa para material escolar de 55 euros e unha subvención para sufraga-lo gasto do comedor escolar, que oscila entre o 50% e o 100%.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...