O Club de Xubilados de Lousame organiza unha peregrinación a Compostela seguindo o trazado do Camiño a Santiago pola Ría de Muros-Noia para conmemorar o Ano Xacobeo. A participación é totalmente de balde e está aberta tamén a veciños e veciñas que non sexan xubilados nin integrantes do club. Iso si, é imprescindíbel anotarse no Club de Xubilados de Lousame: 653 221 655.
A intención é facer o camiño entre Lousame e Compostela en tres etapas. A primeira terá lugar este domingo 2 de outubro, con saída desde a praza do Concello e chegada a San Xusto, seguindo a beira do río. A segunda etapa terá lugar o domingo 9 de outubro, entre San Xusto e Urdilde; e a terceira o domingo 23 de outubro, de Urdilde a Santiago. Etapas duns 12 quilómetros de lonxitude con traslado en autobús ao inicio e fin de cata andaina.
