“O centro do mundo”. Luís Celeiro

08 Setembro 2022

Hai quen quere que o Camiño de Santiago sexa como foi na Idade Media e que os peregrinos sexan hoxe como eran daquela. Outros non, hai estudosos, peregrinos, historiadores, comunicadores, sociólogos, expertos en dereito e coñecedores do Dereito Romano, teólogos, xeógrafos, lingüistas, homes e mulleres de ciencia, de saber e do traballo que respectan as tradicións, a cultura e o pasado, sabendo de onde veñen e abrazando o presente con agarimo e con ledicia, na espera dun futuro mellor.
Os peregrinos tamén procuraban un futuro mellor e rezaban e andaban para conseguilo.
Durante moitos séculos facíano en multitude, ían dende calquera punto de Europa a Santiago para redimir penas, para cumprir promesas, para adorar ás reliquias do Santo e orar diante delas ou para encontrar algunha vía que os conducira á gloria. Choraban de gozo e volvían chorando á casa, os que podían. Como di Federico Gallegos no seu “Estatuto xurídico dos peregrinos na España medieval”, eran unha realidade social.
Hoxe tamén, os peregrinos, as peregrinacións e o Camiño de Santiago son realidades socias que deben ser atendidas, respectadas e apreciadas conforme aos tempos de hoxe e ás normas de convivencia actuais, se é que as hai. Nestes tempos novos, milleiros de peregrinos andan nos Camiños. Por moitos Camiños, con recorridos longos ou cortos, cadaquén ao seu paso, deixando as pegadas, agrandando a ruta e convivindo coa cidadanía, cos homes e mulleres, cos nenos e vellos de cada un los lugares por onde pasan.
O Camiño e os Camiños de Santiago son espazos de comunicación que contribúen ás relacións entre persoas, culturas e pobos, cunha alongada dimensión internacional e moi alta capacidade de unión e transmisión das diferentes culturas e opinións. Temos Camiños polo aire, por terra e por mar. Todos van unindo, arrimando o pasado ao futuro e aos continentes entre si, co mar por medio.
O mar tamén é Camiño e a Santiago achegáronse, navegando ata as costas galegas, milleiros de peregrinos ao longo dos séculos. O Xacobeo é un ben prezado e desexado, un ben de todos e de tódolos pobos, das vilas e das cidades. Dise que no Camiño fraguouse a primeira rede asistencial de Europa e agora hai quen pensa que o Camiño será, ao seu paso por Canarias, o punto de intersección de tres continentes. E Galicia, o centro do mundo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...