O BNG pide un pleno monográfico sobre o estado de Ribeira e as súa parroquias

13 Setembro 2022

O BNG de Ribeira solicitou formalmente este 13 de setembro a realización dun pleno monográfico (un “pleno do estado da cidade”) para abordar problemas e desafíos actuais de Ribeira e as súas parroquias. Os nacionalistas destacan cuestións como os recortes sanitarios e educativos, os problemas crecentes no tráfico e no transporte público ou a falta de mantemento, entre outros asuntos.

Os membros do grupo municipal, Luís Pérez Barral e Cruz Rivadulla Márquez, defenderon “a necesidade de realizar unha sesión plenaria na que falar dos asuntos que lle preocupan á veciñanza porque”, segundo din, “mentres Ribeira vai a peor o goberno do PP segue de brazos cruzados e sen ideas de futuro”.

E engadiron: “A orixe dalgúns problemas está nas decisións unilaterais que toma o Goberno local e provocan malestar social como pasa en Aguiño coa reforma da rúa Castelao, mentres que outros xorden pola defensa decidida que fan dos intereses do PP por riba dos intereses veciñais mirando para outro lado ante os recortes nos centros educativos e sanitarios ou ante o incumprimento de horarios no transporte público”.

Os nacionalistas cren “que o PP tamén descoida os asuntos importantes como o mantemento de parques, espazos e equipamentos públicos mentres gasta millóns de euros “en cemento e obras megalómanas”. Poñen como exemplo o caso do Auditorio, que, segundo lembran, “pasou dos 2,5 millóns de euros con todo o mobiliario e equipamento necesario para o seu funcionamento a valer preto de 5 millóns de euros” ou a pretensión de construír outro museo do mar na Barbanza. “Acaso cren que a prioridade da sociedade ribeirense neste momento é crear o 4º museo do mar da comarca?” pregúntanse no BNG.

O portavoz nacionalista, Luís Pérez Barral, anunciou que están traballando nun plan de resposta  “con medidas concretas e inmediatas” para “poder solucionar os problemas do día a día da poboación e que permitan desenvolver Ribeira aproveitando as súas potencialidades”. Entre estas medidas atópase unha iniciativa para paliar a suba do recibo do saneamento nas familias, a adopción de medidas para mellorar o tráfico e o transporte público, a remunicipalización do Centenario para ter máis estacionamentos, a creación de novas zonas verdes ou un aumento do investimento nas parroquias.

—

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.