O BNG de Ribeira pide ao alcalde “máis diálogo” coa veciñanza de Aguiño antes da reforma da rúa Castelao

02 Setembro 2022

O BNG de Ribeira emitiu un comunicado no que insta ao Concello a ter en conta as peticións da cidadanía de Aguiño ante o inminente inicio das obras que limitarán o tráfico na rúa Castelao de Aguiño de face á súa reforma. En palabras dos nacionalistas, “esta actuación foi deseñada de maneira unilateral”.

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, cre que “un dos principais problemas é a actitude do Goberno local, pois segue facendo actuacións sen contar coa participación social necesaria para que teñan unha boa acollida por parte da veciñanza”. Na súa opinión, “non foi consultada esta actuación coa veciñanza que vive na rúa Castelao, só se fixo unha presentación cando tiñan o proxecto acabado e non deron posibilidade de achegar melloras”. Pérez Barral asegurou que “é imprescindíbel ter en conta as achegas das veciñas e veciños á hora de realizar os proxectos porque se non se fan coa súa participación é cando xorde o malestar que o goberno local está provocando co seu modo de traballar”.

Os concelleiros Luís Pérez e Cruz Rivadulla indican a maiores que “amais da inexistente participación”, “dificultarase a entrada e saída de garaxes por mor do carril bici e non se creará ningunha zona verde”. E engaden: “Van gastar case un millón de euros para aumentar o cemento, eliminar os aparcadoiros e provocar problemas de tráfico, como xa fixeron na reforma das Carolinas ou do Malecón. Se algo sobra neste concello é cemento, precisamos zonas verdes e espazos onde a xente poida desfrutar do seu tempo libre pero no canto de facer iso, gastarán moitos cartos que provocarán un profundo malestar social”.

Con respecto á mobilidade, no BNG recordan que “levan anos traballando e facendo propostas para fortalecer o transporte público e facer de Ribeira e das súas parroquias lugares máis accesíbeis” pero cuestionan o que consideran “unha falta de planificación do Partido Popular facendo obras que carecen de sentido ao non ter un proxecto global e de futuro”. Como exemplo desta falta de planificación, os nacionalistas poñen o carril bici que está previsto facer “que non terá conexión con ningún outro nin hai plans a medio prazo para amplialo”, argumentan, preguntándose “de que vai servir un carril bici que nace e morre na mesma rúa?”

Reunión do BNG coa veciñanza de Aguiño

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...