O BNG de Lousame di que o Concello é cómplice da especulación eólica

05 Setembro 2022


O portavoz do BNG de Lousame, Anxo Moledo, emitiu este luns 5 de setembro un comunicado no que se amosa crítico coa alcaldesa do municipio, a popular Teresa Villaverde, polo convenio do Concello coa empresa Green Capital Energy, que ten proxectada a construción de até nove parques eólicos que, segundo alertan dende a agrupación nacionalista, afectarán ao territorio lousamián a través das súas liñas de evacuación e da construción dunha nova subestación que se sumará a que xa existe en Fontefría.

Moledo referiuse nas súas declaracións ao parque eólico de Banzas, que inclúen a instalación de aeroxeradores nos municipios de Outes, Negreira e Mazaricos; o de Maragouto, con muíños de vento en Outes e Mazaricos; o de Troitomil, con instalación en Negreira e A Baña; o de San Cosmeiro, en Outes e Mazaricos; o de O Vao, Outes e Mazaricos; o de Alvite I e II, Mazaricos, Negreira e Santa Comba; o de Barrosino, con eólicos na Baña; e o de Vilartoxo, na Baña e no Val do Dubra. Neles, apuntou, a electricidade xerada deberá evacuarse a través de novas liñas de alta tensión e a súa evacuación pretende facerse a través do concello de Lousame.

Moledo criticou ao Concello porque o anuncio do dito acordo foi dado a coñecer “sen que se rendera conta algunha á oposición nin á veciñanza sobre o contido do mesmo”, afirmou, engadindo que “chama poderosamente a atención que a nosa alcaldesa saia aos medios de comunicación a intentar lexitimar a construción dunha nova subestación eléctrica no noso municipio, a través dun convenio que só ela coñece”, explicou o portavoz nacionalista, que tamén anunciou que a súa formación “pedirá de forma inmediata unha copia do convenio e requirirá á mandataria que explique que parroquias se verán afectadas pola nova subestación e as liñas de evacuación deses novos 9 parques eólicos”.

Ademais, Moledo cualificou de “falta de respecto institucional” a actitude da rexedora respecto ao resto de municipios afectados pola posíbel construción destes parques eólicos, e criticou a “imaxe que está a dar o Goberno municipal de Lousame ao asinar convenios para facilitar a construción duns parques eólicos, que están a xerar moita contestación, sen explicar as consecuencias negativas que a nova subestación terá para Lousame”.

O representante do BNG comparou esta situación coa forma de actuar do Concello de Mazaricos, “onde si se está a implicar as parroquias, as asociacións socioculturais e as comunidades de montes neste tipo de negociacións”, e “onde se están asinando acordos beneficiosos para a veciñanza e que conseguen pagamentos anuais para os terreos afectados que multiplican por 2,5 o valor medio no resto do país”.
Anxo Moledo tamén fixo mención á liña de evacuación aprobada pola Xunta e que afectará até 10 concellos, os de Lousame, Rois, Brión, Teo, Padrón, Pontecesures, A Estrada, Valga, Cuntis e Caldas de Reis.

O portavoz do BNG sinalou que “unha vez máis verase afectada, cando menos, a veciñanza de Fontefría, que sufrirá unha nova expropiación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...