Noia activa unha campaña para fomentar o uso correcto dos contedores e do Punto Limpo

29 Setembro 2022

O Concello de Noia puxo en marcha unha campaña para fomentar o civismo entre a veciñanza en materia de tratamento de residuos e para o coidado e mantemento dos espazos e os equipamentos públicos. En concreto, a iniciativa arrinca poñendo o foco no uso correcto dos contedores de lixo e, tamén, na práctica tristemente estendida de non recoller as feces das nosas mascotas.

Ao abeiro esta campaña faranse controis aleatorios por parte da Policía Local, en distintos puntos do termo municipal.

“Pregamos a toda a cidadanía que cumpran co regulamento municipal de limpeza viaria depositando os residuos e enseres de forma correcta nos contedores, ou no punto limpo do Polígono de Augalevada”, explica o Concello, lembrando os horarios do Punto Limpo:

-En horario de mañá: LUNS, MARTES, MÉRCORES, XOVES, VENRES E SÁBADO de 9:00h a 14:00h.

-En horario de tarde: XOVES de 16:00h a 20:00h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.