“Néboa para se perder nos camiños” – Antón Luaces

15 Setembro 2022

Catro son as persoas detidas nas últimas semanas en Galicia pola súa presunta relación coa actividade incendiaria. É moi probable que sexa unha parte mínima dos implicados, por si ou polo interese de segundas ou terceiras persoas, nesa actividade que tanto dano e tanta dor causan nos monte galegos e, de paso, nas vivendas e leiras da veciñanza á vez que nos traballadores cuxo labor primordial é  apagar as lapas que todo o devoran.

Todo ese dano causado vese incrementado estes días polo que deberá sen unha bendición para a terra: a auga que reduce a posibilidade de novos lumes forestais, que amplía o número de metros cúbicos de auga embalsada, a auga que combate a seca; mais, tamén, a auga que arrastra aos ríos e aos areais as cinzas de todo o que, durante este a piques de rematar verán de 2022, se queimou. Cinzas que, como néboa nos camiños, mata nos criadeiros das rías a ameixa, berberecho, zamburiña, navalla, etc., que permiten a pervivencia de numerosas familias mariñeiras desa Galicia que rexeita o lume provocado por aqueles que nada perden cando premen o chisqueiro ou deixan na veira dun camiño ou unha estrada un aparello incendiario que levantará lapas de trinta ou máis metros que se irán estendendo hectáreas e máis hectáreas ata acabar coa obra iniciada hai ducias de anos para repoboar montes nos que só o toxo era materia de valor, amais de o ser a herba que o gando libre aproveitaba para o ser máis aínda.

Benvida, auga. Pero que non incremente o mal ocasionado xa polo lume. Benvido, sol, pero non estrague máis o que xa está estragado. Que os mariscadores aproveiten o pouco que nos bancais queda após a praga de furtivos que, con pas e cubos de plástico, apañaron “inocentemente” o que sementaron as mans de homes e mulleres -especialmente estas-  con toda a esperanza posta no futuro inmediato tantas veces truncado polo lume provocado.

Non  nos perdamos nos camiños neboentos que conducen a ningures.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.