Mentres a secretaria xeral de Pesca avisa que o día 9 empezará a aplicarse o veto á frota, o sector anuncia que sairá á rúa

27 Setembro 2022

A secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz, avisou de que aínda que se presente recurso contra o veto á frota de fondo, este “non vai estar resolto para o día 9, simplemente polos tempos, aínda que se presentou a semana pasada”.
A secretaría xeral reuneu a representantes do sector e así este martes viuse coa Federación Nacional de Confrarías e responsables de Burela e Celeiro, entre outros, para coñecer o efecto desta medida, que España pide suspender pero cuxa entrada en vigor en pouco máis de 10 días confirmou este luns o comisario do ramo.

En concreto, este martes as dúas partes analizaron as consecuencias para barcos palangreiros que faenan na zona de Gran Sol e nos próximos días continuarán os encontros coas demais artes que pescan nesa zona e no resto de zonas que afectan a España.

Por outra banda os pescadores sairán ás rúas polo veto europeo á pesca de arrastre, segundo anuncia a Federación Nacional de Confrarías
O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior do porto de Burela, Basilio Otero, avanzou a convocatoria de mobilizacións polo veto da Unión Europea (UE) á pesca de fondo.


Outros artigos

O BNG rexeita que a ría de Arousa acolla vertidos de dragaxes

Néstor Rego reclama ao Goberno rexeitar a posibilidade de que as rías galegas sexan puntos de depósito de materiais de dragaxes e exixe realizar un estudo para avaliar o impacto dos sedimentos. O Bloque Nacionalista Gallego acaba de rexistrar iniciativas nas Cortes do...

+

Carnota acolle até o domingo o XII Víndemo Ver Mercado da Deputación

A feira Víndemo Ver Mercado da Deputación chega estes días (até o domingo 20 de abril) á súa décimo segunda edición, logo da apertura de portas deste xoves 17 de abril na praza de San Gregorio. Produtos locais da horta, artesanía e gastronomía conforman o Mercado da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...