Martín Casais, dúbida no Rotogal Boiro Voleibol para recibir ao Unicaja Almería

29 Setembro 2022

Miguel Álvarez.-O Rotogal Boiro Voleibol iniciará a Superliga pasado mañá ás sete da tarde na Cachada. Farao contra o Unicaja Almería, o vixente campión. E a dúbida para o técnico Emilio Palacio é Martín Casais, que se lesionou no xeonllo durante o adestramento de onte pola tarde. “Se ten molestias, coidarémolo, porque o queremos ter dispoñible para os seguintes enfrontamentos”, explica o preparador.
O Rotogal Boiro Voleibol contará coas baixas de Kleist Mendonça, Elgueta e Wu Cheng-Tang, os seus
tres xogadores estranxeiros. “O visado está a tardar máis do habitual e estamos a esperar a que se poidan
incorporar canto antes”, manifesta Emilio Palacio.
Achega do Unicaja Almería, o técnico sinala que “é un equipo que cambiou moito. Na Copa, notouse que ten moitos xogadores novos e o Melilla gañoulles porque está máis rodado. Pero, ao final de tempada, sempre é un dos rivais perigosos”. “Será un partido moi difícil no que teremos que competir ao nivel deles. Sabemos que somos un conxunto inferior e que non somos aínda os que seremos máis adiante”, comenta o preparador do Rotogal Boiro Voleibol.

O xogador lesionouse no xeonllo no adestramento vespertino do mércores

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

Segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, España acadou no recente Consello de Ministros da UE bos resultados no Atlántico e Mediterráneo, de xeito que asegura a viabilidade dos 570 barcos que faenan no Mediterráneo e, no Atlántico, tamén "bos...

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...