O Centro Social de Escarabote acolle este sábado 17 de setembro a representación dunha función para público infantil e familiar. Trátase de Mundos Contados, espectáculo de Marta Ríos cun texto da escritora e narradora oral Paula Carballeira sobre contos tradicionais de diferentes países. Será a partir das 11.00 horas. A capacidade será limitada. As inscricións cómpre facelas no Centro Social de Escarabote ou no teléfono 981 849 950.
Mundos Contados é unha viaxe que nos fará pensar en que planeta vivimos, poñendo de relevo os aspectos diferenciadores das distintas culturas do mundo. A protagonista é Samba, que ten o superpoder de acubillar dentro dela varias mundos, dos que escollerá unha presada delas para contar as súas historias perante a rapazada de Escarabote.

Ficha artística
Autor:
Marta Ríos
Dirección:
Paula Carballeira
Elenco:
Marta Ríos
Ficha técnica
Idioma:
Galego
Duración:
50′