Mamá Cabra desembarca en Boiro este venres 30 de setembro

28 Setembro 2022

Este venres 30 de setembro a Casa da Cultura de Boiro vai acoller un espectáculo infantil de contacontos e música a cargo do grupo Mamá Cabra: o espectáculo Obradoiro de arrolos. Será a partir das 18.00 horas, con capacidade limitada. Trátase dunha cita creativa e cultural para bebés de entre 3 e 36 meses.

Sinopse

Gloria Mosquera e Diego Maceiras interpretan e ensinan ás familias participantes neste pequeno obradoiro algúns arrolos cos que adormecer, aleitar, e tamén cos que gozar da música nos primeiros días e meses de vida. O obxectivo do grupo Mamá Cabra dende o seu nacemento é o de transmitir o gusto pola música dende a primeira infancia e este obxectivo comeza nas voces das súas familias coas que comparten estas cancións para arrolar en galego.

Ficha artística

Imparte: Gloria Mosquera
Músico acompañante: Diego Maceiras

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...