Licitada pola Xunta a mellora da Lonxa de Portocubelo en Carnota

23 Setembro 2022

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de sacar a licitación a mellora do edificio da lonxa de Portocubelo, no municipio coruñés de Carnota. Así o comunicou a presidenta do ente público, Susana
Lenguas, nunha visita esta mañá á localidade onde presentou á confraría de pescadores de Lira e aos representantes municipais da vila o proxecto para as obras, que veñen de saír a concurso por un importe de 310.000 euros.
A presidenta de Portos de Galicia, que estivo acompañada polo autor do proxecto, explicou que o obxectivo é acadar a mellora integral de numerosos aspectos construtivos, así como a súa envolvente para optimizar a eficiencia enerxética do inmoble.
Entre as actuacións previstas, substituirase o falso teito da cuberta por panel sandwich e renovaranse a fachada de madeira vista e o revestimento de madeira das terrazas, onde se reporá tamén a varanda. Finalmente, tal e como explicou Susana Lenguas, cambiarase a carpintería e as varandas, así como a porta exterior de acceso, e dotarase de novas luminarias e acometida de auga soterrada.

A presidenta de Portos de Galicia presentou á confraría de pescadores e aos representantes municipais o proxecto que actuará sobre a envolvente, a estrutura, a fachada e as terrazas, entre outros aspectos Carnota

Outros artigos

Falece un motorista que se accidentou en Carnota

Pasadas as 21:40 horas do sábado, un particular informou ao 112 Galicia de que acababa de atopar unha moto accidentada fóra da estrada á altura do quilómetro 87 da AC-400, en Santa Comba (Carnota). O implicado estaba a carón do vehículo e precisaba asistencia...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.