Este xoves 29 de setembro celébrase o Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e Desperdicio de Alimentos, unha data para recordarnos a importancia de sermos sustentábeis á hora de xerar e consumir comida. Entre as empresas que están a conmemorar esta importante celebración atópase a boirense JEALSA, que emitiu datos sobre os principais desafíos que temos que afrontar para acadar un equilibro perfecto entre equidade de recursos a nivel internacional, alimentación e protección do medio ambiente. No comunicado da conserveira, no que tamén se fai un diagnóstico das principais demandas do mercado neste ámbito (e achéganse claves para evitar o desperdicio de comida nos nosos fogares), dise que 80% dos españois considera “importante” que as marcas de alimentación traballen para que a menor cantidade de recursos acabe no lixo. Son datos da recente edición da Radiografía do Consumidor Responsábel de JEALSA.

Amais, os últimos datos do Informe de Desperdicio Alimentario que elabora cada ano o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación revelan que os fogares españois desperdiciaron máis de 1.200 quilos de alimentos sen consumir en 2021, un 8,6% menos có ano anterior. Ademais, estímase que, cada ano, un terzo de toda a comida producida no mundo acábase desperdiciando en cubos de lixo.
Así mesmo, segundo a segunda edición do estudo Radiografía do Consumidor Responsábel elaborado polo Observatorio de Consumo e Sustentabilidade de JEALSA, 8 de cada 10 españois consideran importante que as marcas de alimentación traballen contra o desperdicio de alimentos.
As claves de JEALSA para reducir o desperdicio
-Planificar o menú semanal. É fundamental que teñamos claro que alimentos necesitamos realmente antes de realizar a compra. Desta maneira, evitaremos comprar alimentos que non se van a consumir e que, probablemente, acabarán refugándose antes de consumirse.
–Conserva os produtos de forma adecuada: Actualmente é posible conservar os alimentos durante moito máis tempo si faise da forma axeitada evitando que estes alimentos acaben desperdiciándose antes de tempo.
-Saber interpretar a etiquetaxe. É importante que coñezamos a diferenza entre a data de caducidade e a data de consumo preferente para reducir o desperdicio de comida. A data de consumo preferente indica o momento no cal o alimento deixa de ter a calidade prevista; a pesar disto, o alimento continúa sendo seguro. Doutra banda, a data de caducidade indica o momento no que o consumo deixa de ser seguro para o consumidor.
-Gardar as sobras. Os restos da comida que non se consumen no momento da súa preparación, pódense almacenar para ser consumidas máis tarde.
-Conxelar correctamente os alimentos. Unha das solucións para gardar as sobras é conxelalas; de feito, é unha das maneiras máis efectivas para alongar a vida dos alimentos e permite consumilos noutro momento, evitando así o desperdicio. Para iso, débense ter en conta aspectos como a temperatura do conxelador e o tempo de conxelación.
“Desde JEALSA creemos que é transcendental concienciar aos consumidores do importante que é o aproveitamento de alimentos, non só para evitar que se desperdicien miles de quilos de comida ao ano, senón tamén para que coñezan a repercusión que isto ten no medio ambiente” afirma Ángeles Claro, directora de sustentabilidade e do programa We Sea de JEALSA, que engade que “unha das nosas claves é a de desenvolver un modelo de negocio cuxa base sexa a circularidade total para aproveitar da mellor maneira os recursos e minimizar o noso impacto no medio ambiente. Por iso, a través da área de valorización, a compañía ha alcanzado o aproveitamento do 100% do atún que chega ás súas instalacións, un fito empresarial que converte a JEALSA en referente sectorial neste ámbito”.
Claro tamén recorda que JEALSA posúe un modelo de negocio baseado na circularidade que lle permite aproveitar todos os recursos da mellor maneira posíbel. “O nosos sistema de economía circular conta coa colaboración de diferentes organismos nacionais e europeos que acreditan a efectividade e viabilidade do seu sistema”, engade.