“Incendios forestais”. Suma Ribeira

01 Setembro 2022


Cada vez que se producen vagas de incendios, porque incendios hainos todos os anos, xérase na opinión pública un debate no que todas, por diferentes razóns, nos achamos concernidas. Os medios informan?, promoven debates, publican artigos, opinións (interesadas moitas veces e outras que adoecen dunha mínima reflexión). Chegadas as choivas esquécese o tema ata que volva resucitar na vaga seguinte. É obvio que ao común da xente, máis alá das pestes que botan contra os incendiarios, as mafias do lume (que ninguén demostrou que existiran) e a preocupación pasaxeira pola desfeita e polas persoas afectadas o problema queda esquecido en canto o lume se extingue.
Mais alá das causas que manexan os opinadores sobre por que se producen os incendios (cambio climático – cada vez máis presente como causa, cando hai uns anos se negaba, polos que agora se
aferran a el como a un cravo ardendo- , abandono do rural, estrutura da propiedade, falla de medios
para a extinción -que nos digan cantos mediosse necesitan e canto custarían-, os negocios do lume…
(non negamos que as causas que reflectimos teñan a súa influencia, para que conste); cremos necesario un debate sobre por que chegamos á situación actual e para iso é necesario facer un pouco de historia.
Rematada a Guerra Civil, entre os moitos atropelos que se cometeron queremos destacar, no que atinxe ao tema que tratamos, a usurpación dos montes comunais en man común aos veciños que comunitariamente, durante xeracións, exerceran o seu usufruto. A propiedade pasou aos Concellos,
xa no Catastro do ano 1959 aparecían como propietarios.
No ano 1942 iníciase a Repoboación Forestal a base de piñeiros e eucaliptos, modifícase o territorio
de Galiza que ata esa data tíñao perfectamente ordenado. A harmonía no rural conxugaba a
explotación agraria, o aproveitamento forestal, o pasto para o gando, os recursos hidráulicos… Non
había vagas de incendios.
Esta política de repoboación con especies foráneas e pirófitas afóndase coa creación do ICONA (pasa a xestionar os montes) e coa instalación de ENCE na parroquia de Lourizán.
Chegada a democracia, os montes comunais en man común son devoltos aos seus lexítimos propietarios pero a política forestal non mudou, unha política economicista e curtopracista fomentada dende o poder político para favorecer á industria pasteira e madeireira. Industrias que teñen ao seu dispor influencia política abondo como para que un Presidente do Goberno en funcións (Mariano Rajoy) amplíe en 60 anos a concesión dos terreos de Lourizán. Non é cousa menor que no Consello de Administración de ENCE figuren unha exministra de Medio Ambiente (Isabel Tocino) e o exconselleiro da Xunta do mesmo ramo (Carlos del Álamo).
No ano 1992, aprobouse o Plan Forestal Galego que facía unhas previsións de como sería o monte
galego no ano 2032.
O Plan Forestal prognosticaba o seguinte: no ano 1932, 732.000 hectáreas de coníferas, 245.00 de
eucaliptos, 218.000 de castiñeiros e 185.000 doutras frondosas.
A realidade é que no ano 2009, e segundo os datos do inventario forestal, o monte galego tiña:
400.000 hectáreas de coníferas, 26.000 de castiñeiros, 283.000 de eucaliptos (máis que o previsto
para o ano 2032). Na actualidade o eucalipto supera as 330.000 hectáreas. Das outras frondosas
(carballos, rebolos, bidueiros…) houbo un crecemento maior do esperado que se debeu, segundo
os investigadores da USC Eduardo Corbelle e José María Tubío ao abandono do rural e a unha
expansión natural á marxe de calquera xestión forestal.
Á vista dos datos, diminúen as coníferas, non se acadan os prognósticos a respecto dos castiñeiros,
as frondosas medran á marxe da xestión forestal e o eucalipto a día de hoxe excede en 130.000
hectáreas o que se prevía para 2032.
No ano 2021, o Parlamento de Galicia aprobou, os días 23 e 24 de febreiro, o documento da primeira
revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 co rimbombante título de “Cara á neutralidade
carbónica” Servirá para algo ou será papel mollado como o Plan do ano 1992?
Ata aquí, un resumo histórico do acontecido nos montes de Galicia. Crémolo necesario para poder
opinar con coñecemento sobre o problema dos incendios.
Máis alá das causas que se manexan para tentar explicar as vagas de incendios que asolan o País,
queremos poñer enriba da mesa unha causa que non se manexa moi habitualmente e que nós
consideramos fundamental. Aproveitamos un aserto do botánico galego nado en Tirán e que
desenvolveu a súa carreira profesional en Madrid, Santiago Castroviejo Bolívar: “… a gasolina está
espallada polo País, só queda o despiste dunha cabicha, un lóstrego ou un tolo…”
Os opinadores, articulistas interesados, e mesmo opinións defendidas pola industria so teñen ollos
para un anaco do aserto de don Santiago. Pousan a vista na cabicha, no lóstrego ou no tolo e obvian
o fundamental, a gasolina.
Unha cabicha, un lóstrego ou un tolo (co significado que os galegos damos comunmente a esta
palabra) nunca provocarían un incendio se non houber a gasolina que o fornece. Eis o substantivo,
a gasolina.
A resposta política “á gasolina”, foi crear as brigadas forestais (as que dependen dos concellos, en
moitos casos, creanse cando xa o verán vai minguando). As brigadas actúan maioritariamente na
extinción e non en evitar os incendios. Investimos unha morea de cartos públicos en contratar
medios aéreos de empresas privadas que viven do lume. Prevención ningunha. E mentras, o
territorio devastado por uns incendios cada vez máis virulentos e que provocan en moitos casos a
perda de vidas e facendas (vivendas e vidas rotas), inseguiridade dos que viven rodeados de
“gasolina”, futuro negro como o rastro que deixan os lumes se non tomamos cartas no asunto.
O problema dos incendios é de todos nós, vivamos no rural ou nas cidades, teñamos ou non interese
económico nos montes, porque é un problema de ordenación do territorio no que vivimos e
debemos ter algo que dicir.

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.