Galicia ve a decisión de Bruxelas sobre pesca de arrastre “un acto de mala fe” e non descarta ir á xustiza

15 Setembro 2022

A conselleira de Pesca, Rosa Quintana, criticou este xoves a decisión da Comisión Europea de vetar a pesca de arrastre en zonas protexidas do Atlántico, algo que “afecta moitísimo” á frota galega e que cre é “un acto de mala fe”, polo que non descarta recorrelo ante a xustiza.
Quintana instou á Comisión Europea a que “teñan en conta os argumentos presentados desde Galicia”. “Estamos dispostos a estudar con eles máis informes, sen chegar a esta prohibición que levaría ao traste a toda a frota galega”. esta decisión é “un despropósito” e mesmo “un acto de mala fe”, dado que a responsable de Asuntos Marítimos da Comisión, Charlina Vitcheva, estivo o pasado mes de xullo en Galicia “e comprometeuse a estudar novos informes para valorar de novo esta proposta. Así mesmo, quixo transmitir ao sector que a Xunta “estará sempre defendendo os seus intereses” e adiantou que manterá reunións “para ver a posibilidade de mesmo recorrer á vía xudicial para defender á frota” galega, con máis de 60 barcos afectados.

Rosa Quintana dixo que “ás veces custa entender as decisións que toma a UE”. “Parece que, unha vez máis, decántanse pola parte ambiental, sen ter en conta a social nin a económica, e mesmo a ambiental paréceme que tampouco está sustentada”, finalizou.

O respecto o sector pesqueiro español estudará “opcións legais” en relación coa decisión anunciada hoxe pola Comisión Europea (CE) de pechar 87 zonas de pesca, aprobada o pasado xuño por un acto de aplicación no marco do Regulamento sobre acceso a augas profundas, segundo informou Cepesca.

A Conselleira nun acto na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Outros artigos

O BNG rexeita que a ría de Arousa acolla vertidos de dragaxes

Néstor Rego reclama ao Goberno rexeitar a posibilidade de que as rías galegas sexan puntos de depósito de materiais de dragaxes e exixe realizar un estudo para avaliar o impacto dos sedimentos. O Bloque Nacionalista Gallego acaba de rexistrar iniciativas nas Cortes do...

+

Carnota acolle até o domingo o XII Víndemo Ver Mercado da Deputación

A feira Víndemo Ver Mercado da Deputación chega estes días (até o domingo 20 de abril) á súa décimo segunda edición, logo da apertura de portas deste xoves 17 de abril na praza de San Gregorio. Produtos locais da horta, artesanía e gastronomía conforman o Mercado da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...