A veciña de Aguiño Josefa Fernández cumpre hoxe martes 101 anos e ata a súa vivendadesprazáronse esta mañá o alcalde Manuel Ruiz e a concelleira deServizos Sociais, Ana Barreiro, coa fin de darlle os parabéns por esta efeméride tan pouco común.
O rexedor municipal agasallou á Josefa cun ramo de flores como é habitual entre os veciños e veciñas do municipio que acadan o século de vida.
