Faleceu o xefe da Policía Local de O Son, Alberto García

30 Setembro 2022

O falecemento do que foi xefe da Policía Local de O Son durante máis de 30 anos, Alberto García Pouso, O Cameixo, causou un fondo pesar no concello onde era moi coñecido e querido.

García, que tiña 56 anos e vivía só, atopábase de baixa laboral dende hai dous meses por un esguince, pero tiña previsto reincorporarse nuns días. Foi o seu fisioterapeuta quen, ó non dar contactado con el avisou a un dos dous fillos de García, que se personou na casa e o atopou tendido na cama, sen vida, por causas naturais.

O alcalde, Luis Oujo, destacou o seu traballo e que era “era unha boa persoa e un policía que colaboraba en todo”.

Os seus restos mortais foron trasladados ata a igrexa de San Vicente de Noal, onde se oficiou o funeral e posteriorrmente foi soterrado no cemiterio parroquial. R.I.P.

Xefe da Policía Local de O Son, Alberto García

Outros artigos

A campaña de reciclaxe “Impropio de Nós” recala no Son

A campaña Impropio de Nós recalou este venres 10 de xullo no concello do Porto do Son. A iniciativa consiste nun box destinado a concienciar á veciñanza da importancia de reciclar e depositar no contedor amarelo as latas ou os envases de plástico.  A cartelería estará...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.