A Xunta de Galicia e Afundación, a obra social de Abanca, reúnen hoxe na illa de Sálvora a 80 voluntarios para participar nunha xornada de actuacións de carácter medioambiental no marco do Plan de conservación territorial-ON (PLANCTON), unha iniciativa que ten entre os seus principais obxectivos
reducir a presencia de lixo mariño nas zonas costeiras e no mar.
Acompañada polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e a coordinadora xeral de responsabilidade social corporativa de Afundación, Pilar Alves, a conselleira de Medio ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou esta mañá nalgunhas das actuacións programadas na illa. Concretamente, desprazouse ata a praia dos Bois onde estivo recollendo lixo mariño xunto a un dos grupos de voluntarios despregados en Sálvora para realizar tarefas de limpeza e de eliminación de especies exóticas invasoras.
Este é o segundo ano consecutivo que a Xunta apoia o proxecto PLANCTON, unha colaboración que permitiu incluír o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia entre os escenarios escollidos para desenvolver este tipo de acción.
Neste sentido, a conselleira salientou a importancia deste tipo de iniciativas e proxectos, que buscan fomentar a conservación e a sostibilidade das actividades socioeconómicas na área de influencia das Zonas de especial protección de aves mariñas de Galicia tratando de inculcar unha conciencia sostible en todos os sectores da sociedade.
Na mesma liña, subliñou a aposta da Xunta por un turismo sostible e respectuoso coa contorna e os esforzos realizados polo seu departamento para lograr un “equilibrio” entre a protección do patrimonio natural e o seu desfrute por cidadáns e visitantes.
A modo de exemplo, explicou que a “enorme riqueza” natural que concentra o único Parque Nacional de Galicia é un dos motivos principais que atrae cada ano a miles de visitantes. Así, avanzou que no que vai de ano, máis de 456.000 persoas visitaron os catro arquipélagos, un balance que supera xa a afluencia rexistrada en todo o 2021 e confirma, polo tanto, a volta á normalidade, con cifras similares ás de 2020.
De feito, só na tempada alta —período que vai do 15 de maio ao 15 de setembro— o Parque Nacional superou as 424.000 visitas, case 7.500 máis que no mesmo período do ano p asado. E no caso concreto do arquipélago de Sálvora, a tendencia é igualmente de incremento —pasando de 12.583 persoas no verán de 2021 ás 13.897 deste ano—, incluso tendo en conta que a esta illa só se pode acceder mediante visitas guiadas.
Máis de 19 Tn de residuos mariños recollidos Cómpre lembrar que na campaña de PLANCTON de 2021 colaboraron varias entidades e ao redor de 800 voluntarios, que lograron recoller un total de 19 toneladas de residuos mariños en toda Galicia, principalmente na comarca de Arousa. En concreto, os
voluntarios mobilizados o ano pasado por Afundación, co apoio da Xunta, limparon a contorna mariña do arquipélago de Cortegada.
Neste sentido, cómpre subliñar que o Parque Nacional das Illas Atlánticas resulta un entorno especialmente axeitado para albergar este tipo de iniciativas de voluntariado, xa que concentra seis das principais figuras de protección medioambiental que existen. Así, forma parte da Rede ÓSPAR de áreas mariñas protexidas, é Zona de Especial Protección para as Aves, Zona de Especial Conservación, Lugar de Interese Comunitario, e desde o ano 2002, Parque Nacional, o único de Galicia.
O Concello de Boiro completa pavimentados no centro urbano e en Vista Alegre, Currillo e Cubelo
O Concello de Boiro está a levar a cabo a renovación de pavimentos en varias rúas do núcleo urbano e tamén na contorna do complexo deportivo de Vista Alegre, en Cubelo e no Currillo. En total destínanse 65.927 euros de fondos propios para este plan de renovación de...