En Ribeira tres conductores denunciado por alcoholemia nun control conxunto das Policias nacional e local

A Policía Local de Ribeira informa de que, nun control conxunto co Corpo Nacional de Policía efectuado na noite do sábado ao domingo pasados, foron denunciados tres condutores por superar a taxa de alcoholemia permitida.
Ademais, denunciouse a un vehículo que carecía de seguro, mentres que outro foi inmobilizado por circular a escape libre e que hoxe non superou a inspección técnica (ITV) que se lle obrigou a realizar.