En Ribeira o grupo de empresarios BNI TerraMar volve realizar o “Día do Invitado”

17 Setembro 2022

A ribeirense Churrasquería Alvariño acolleu o grupo de empresarios “BNI TerraMar” quenes volveron realizar o “Día do Invitado” . O encontro buscaba seleccionar a algunhas empresas da Comarca para pertencer ao grupo.

O obxectivo é que tanto profesionais independentes, como empresarios poidan establecer contactos e crear relacións para seguir xerando riqueza na Comarca.

Outros empresarios de diferentes sectores coñeceron o funcionamento da rede de referencias de negocios máis grande do mundo, está presente en 74 Países e no Barbanza levan desde o 15 do abril do 2016 cun intercambio de negocio de máis de 13 millóns seiscentos mil euros, e xenerando desde o pasado abril negocio por importe de 731.000 euros segundo indica o seu director Rubén Couñago.

O encontro desta semana asistiron clínica dental, hostalería, compra venda de coches, sector da construción, conserveira, xestoría de subvencións, ximnasio, salón de peiteado, subministracións de electricidade, fontaneiro, cristaleiro, produtos químicos, arquitecto, empresa de escavacións, de destrución documental e axencia de viaxes
Moitos sectores diferentes para construír unha rede de contactos e un equipo humano capaz de unirse a través dun programa estruturado de márketing que funciona en 76 Países do mundo e ten máis de 291.000 membros.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.