A Policía Local de Ribeira informa de que na última madrugada producíronse sendos positivos en test de drogas e sendos controis realizados na avenida da Coruña e na praza de Pontevedra.
No caso do control na avenida da Coruña, a condutora tentou eludilo e foi interceptada en Agro da Area, dando positivo en cocaína, ademais de ter o permiso de condución caducado e o vehículo sen
ITV.
En canto ao control na praza de Pontevedra, interceptouse a un condutor que non tiña permiso de condución por perda de vixencia xudicial e tamén arroxou un resultado positivo en drogas.
Concretamente, cocaína, THC e opiáceos.
Alcoholemia
Ademais, na noite do venres houbo un positivo por alcohol no Touro, arraxando unha tasa de 0,49 mg/l. O condutor pediu unha proba de contaste e foi levado a tal efecto ao Hospital da Barbanza.
